Actualidade

Donald Trump pide substituír o Black Friday polo White Saturday


O presidente norteamericano quere facer un guiño os seus electores despois da debacle que sufriu nas eleccións de metade do mandato.

A derrota electoral sufrida por Donald Trump nas elección do congreso provocou que as cousas comecen a moverse no entorno do líder republicano.

Tanto el como os seus asesores máis próximos teñen previsto reactivar ao seu electorado tomando medidas máis duras e próximas ao seu programa. Nesta nova liña prevé reforzar as súas teses políticas e quere facer un guiño aos votantes que proveñen do entorno White Pride mediante a esixencia a Amazon de que cambie o Black Friday polo White Saturday.

Segundo fontes próximas ao presidente norteamericano a medida tería un reforzo para a economía da multinacional ao facer traballar aos empregados en fin de semana. ‘Sabemos que a explotación e as condicións de traballo son algo que lle preocupa a Amazon. Con esta medida ademais de non asinar un convenio poden fastidialos facéndoos traballar en fin de semana’, declararon.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.