Actualidade

A OCU descobre que moitos aceites virxe extra son en realidade uns putóns


‘Van de moi castos pola vida, de moi refinados e despois entéraste de que vanse por aí botando a calquera cousa que se menee’, dixeron dende a OCU.

A organización de consumidores e usuarios ven de revelar que o mundo de virxinidade dos aceites é en realidade unha orxía. Non todos son tan inmaculados como se cría e levan unha vida bastante disoluta. A virxinidade non é nada común e moitos teñen un pasado de bastante promiscuidade. ‘Teño que recoñecer que me botei a varias navizas’, indica un aceite virxe que prefire manter o anonimato.

Pola súa banda, representantes dos aceites amosáronse sorprendidos polo moralismo da OCU. ‘Estamos no século XXI e un aceite pode facer coa súa virxinidade o que queira’, indicaron visiblemente enfadados. ‘Existe unha corrente de puritanismo nas sociedades culinarias que provoca unha represión nos aceites que non podemos aceptar. Queremos liberarnos e se queremos andar a foder todo o día é soamente cosa nosa’, espetaron.

‘Hai aceites que tiveron que recompoñer o seu himen pola presión social. Son moito máis valorados se chegan virxes ás ensaladas e a xente está disposta a pagar moitos cartos por un aceite virxe. Queremos rematar coa trata de aceites e a cosificación dos nosos compañeiros’, indicaron nunha nota de prensa.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.