O Tribunal Supremo corríxese a si mesmo e ademais indica que os clientes paguen do seu peto a vaselina
Coa nova fórmula que aprobou o alto tribunal os clientes deberán pagar os trámites de hipotecas e os impostos que lle correspondían á banca pero, o tribunal supremo, que sempre pensa nos cidadáns cando toma as súas decisións entende que tragar con todo isto é difícil e incorporará vaselina xunto con cada hipoteca. Pagada polo hipotecado, iso si.
O supremo entende, coa súa decisión, que a banca está practicamente arruinada e que por iso tivo que ser rescatada pola xente que tiña hipotecas con ela que para iso son uns potentados que se poden permitir un piso e, claro, como eses cartos non lles chegaron para saír da ruína económica pois non consideran moi xusto que teñan que pagar un imposto que lles correspondía senón que debe ser quen lles pediu un préstamo que para iso queren vivir coma ricos.
A decisión non foi doada e houbo 13 dos 15 membros que non a votaron. Para facilitar e transaccionar a decisión foi cando se contemplou a posibilidade da vaselina. “Cuando algo duele el lubricante siempre viene bien”, comentaban fontes próximas á parte gañadora. “Eso si, que cada uno lo pague de su bolsillo. Si alguien es masoca y le gusta que le metan el impuesto a pelo no lo vamos a obligar. No somos estalinistas”, engadiron.