Política

Felipe González a Pedro Sánchez: ‘Te voy a fender la cona en sien mil pedasos’


‘Te quemo, te quemo, te quemo!’ engadiu o expresidente.

425622819_132178_8565750166264492134A crise aberta no seo do PSOE, vén de agravarse aínda máis, despois xa de por si difícil situación que se abre coa dimisión de 17 membros da súa dirección. O noutrora presidente do estado español, Felipe González, dirixía duras acusacións cara o actual líder socialista Pedro Sánchez.

Nos corredoiros do Congreso, o actual portavoz da cámara por parte do PSOE, Antonio Hernando pedíalle a Sánchez que ‘cantase claro’ e explicase á prensa o que o expresidente González viña de dicirlle en conversa telefónica.

Sánchez accedía así a contar a interlocución entre os mandatarios socialistas, explicando a dureza e crudeza das verbas de Felipe González.

“Te voy a fender la cona en sien mil pedasos”. Felipe González

‘Te voy a fender la cona en sien mil pedasos’. Esas foron as palabras concretas de Felipe González contra Pedro Sánchez. “As cousas son claras que non quero falar nin contra uns nin contra outros, pero dixo ‘que me fendía, que me fendía y que me fendía’ afirmou Sánchez con ollos vidriosos.

E éque no caso de non permitir o goberno de Rajoy, Felipe González ameazou a Sánchez cun ‘te quemo, te quemo, te quemo!’ o cal deixa ao secretario xeral do PSOE nunha posición moi delicada. Segundo Pedro as voces de Felipe ‘non eran de este mundo’ e asegurou que el non sabía ‘se tiña alcol enriba ou deixaba de telo’.

2 thoughts on “Felipe González a Pedro Sánchez: ‘Te voy a fender la cona en sien mil pedasos’

  1. É unha parodia dunhas míticas declaracions que podes buscar no youtube se queres. Hai que ter un pouco de cultura popular, ou mais de 20 anos para ligar aseghum que coisas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.