Actualidade

Un aviso sonoro indicará que rematou o Telexornal e comeza a propaganda do PP


O Consello da Radio Televisión de Galicia acaba de aprobar un novedoso sinal acústico co que a canle separará o telexornal da propaganda electoral que se emitirá a continuación do mesmo.

telexornal-pitidoSegundo explicou un directivo o sinal será a triple repetición dun si bemol que compuxo Juan Pardo para a ocasión. A cantidade económica que pagou o ente autonómico pola composición non transcendeu.

Segundo os voceiros do CRTVG a idea é que os telespectadores teñan unha idea clara de cando termina o telexornal e comeza a publicidade electoral porque, segundo explicaron, “hai moita xente que non o ten claro”.

Interese de TVE e Telemadrid

A canle autonómica de Telemadrid e a estatal TVE xa amosaron o seu interese pola iniciativa e anunciaron ter en estudio a súa implantación para próximas campañas electorais.

 

 

One thought on “Un aviso sonoro indicará que rematou o Telexornal e comeza a propaganda do PP

  1. Pingback: Un aviso sonoro indicará que rematou o Telexornal e comeza a propaganda do PP

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.