Despois de que Rajoy dixera que o recibo da luz baixará porque vai chover as eléctricas tomarán medidas. O lobby das eléctricas está a tomar medidas para evitar que baixe o recibo da luz por causa da chuvia. Deste xeito o departamento de I+D das empresas enerxéticas xa están a traballar na utilización de avións…
Autor: TemposGalegos
Sergio Ramos non entende como o Celta eliminou ao Real Madrid
Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei. O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de…
Nace o 025: O teléfono de asistencia gratuíta a militantes nacionalistas
Ofrecerá información actualizada e gratuíta sobre correntes, manifestos, partidos e mareas e non deixará rastro no historial de militancia. O novo servizo, que está dispoñible dende hoxe mesmo, ofrecerá terapia online con especialistas. “Tiñamos detectados casos ansioso-depresivos entre múltiples militantes nacionalistas”, indican os promotores da iniciativa. “Durante as probas recibimos chamadas de militantes comunistas para…
Denuncian inxerencias rusas nas primarias de EnMarea
Varias persoas afíns ao sector oficialista de EnMarea aseguran que axentes exóxenos ao proceso, probablemente rusos, poderíanse ter visto involucrados nas votacións desta pasada fin de semana. Despois da fin de semana electoral no seo de EnMarea, son agora as dúbidas sobre a legalidade do proceso as que axexan as mentes dos case 2000 incritos…
As eléctricas comezarán a aceptar riles como pago da factura da luz
Con esta medida as compañías eléctricas solidarízanse cos seus clientes e ofrecen métodos alternativos de pago para non cortalles a luz. Endesa, Iberdrola e Gas Natural Fenosa xa preparan un novo método de pago para o suministro eléctrico. Órganos internos a cambio de electricidade. Os órganos menores como córneas cubrirán un recibo e os órganos…
O Tribunal Supremo prohibe as imaxes de astronautas
O máximo órgano xudicial do estado español tamén prohibe palabras como voar ou branco así como a expresión saltar polos aires. Ante o medo a que os usuarios da rede social Twitter usen os comparativos con astronautas, así como as palabras voar, branco ou saltar polos aires nun mesmo parágrafo, o Supremo anula de xeito indefinido o…
Un gandeiro está a criar 300 veganos en extensivo no Xurés
Está agardando o selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. A Antonio D.S., un gandeiro da comarca do Xurés, ocorréuselle a idea despois de ver “as porcarías que comen os veganos. A soia e o tofu son como a forraxe esa das vacas que non saen da corte” e por iso comezou a…
O ISIS apoiará a candidatura de Máis Alá ao Consello de En Marea
O ISIS acaba de facer público o seu posicionamento a favor da candidatura encabezada por Luis Villares. Tan só un día despois de que as candidaturas ao Consello de En Marea fosen presentadas, chegan os primeiros posicionamentos de calado, recaendo estes na candidatura oficialista encabezada polo maxistrado Luis Villares. O máis sorprendente é polo de…
Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación
Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación. As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros…
O Sergas pide a Loterías que sortee paracetamois porque o importante é ter saúde
A Consellaría de Sanidade solicitará ao organismo Lotería y Apuestas del Estado que proceda a deixar de sortear cartos e pasen a sortear medicamentos xa que “lo importante es tener salud”. A idea levaba xestándose semanas atrás na sede do Partido Popular. Segundo informaron fontes próximas ao executivo galego, “Sortear dinero es una obscenidad. Les toca…
Os nenos de San Ildefonso cantan o que lles sae das bólas
Os orfos do colexio de San Ildefonso dan a nota de cor ao de por si monótono sorteo da Lotaría de Nadal. Os nenos de San Ildefonso está a dar a sorpresa do día durante o sorteo de nadal da lotaría, cando contra todo pronóstico están a cantar o que lles sae das bólas. No…
Aznar fundará o seu propio PP, con casinos e furcias
José María Aznar renunciou onte á presidencia de honor do Partido Popular e, segundo informan fontes próximas ao ex presidente, fundará o seu propio PP. Segundo transcendeu, Aznar considera que Rajoy está a converter o partido ao comunismo e por iso vai “montar su propio partido, con casinos y furcias”. Os colaboradores máis cercanos do…
