A Consellaría de Sanidade solicitará ao organismo Lotería y Apuestas del Estado que proceda a deixar de sortear cartos e pasen a sortear medicamentos xa que “lo importante es tener salud”.
A idea levaba xestándose semanas atrás na sede do Partido Popular. Segundo informaron fontes próximas ao executivo galego, “Sortear dinero es una obscenidad. Les toca a los pobres y luego se creen alguien”, declararon. “Todavía estamos saliendo de la crisis y es necesario que la gente entienda que hace falta el dinero para cosas importantes para todos como el rescate de las autopistas madrileñas, ayudar un poquito a los bancos con lo de las cláusulas suelo y para pagarle a la buena gente de La Voz de Galicia que hacen un trabajo altruísta de información en la región gallega”, engadiron. Os argumentos conveceron a Feijoo que defendeu a proposta porque todo o mundo sabe que “lo importante es tener salú”.
Con este paso o Sergas que a xente se queixe menos das listas de espera. “Al tener medicamentos a cascoporro ya no va a ser necesario ir al médico”, comentan dende a dirección do Servizo Galego de Saúde.
Tempos Galegos tivo acceso ao escrito do Sergas e procedemos a publicar os novos premios da lotería de Nadal do ano 2017:
Cantidade por décimo | |
O Gordo (Primeiro Premio) | 400.000 paracetamois |
Segundo Premio | 125.000 aspirinas |
Terceiro Premio | 50.000 ibuprofenos |
Cuartos Premios | 20.000 fortasecs |
Quintos Premios | 6.000 viagras |
Pedreas de 5 Cifras | 100 almax |
Reintegros | 20 microenemas |