Cultura

Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación


Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación.

As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros dunha antiga orde masónica coñecida como “Os da boina”.

necropoleEstudos preliminares indican que podería ser a necrópole da mítica cidade de Auria habitada totalmente por traballadores da Deputación de Ourense e que desaparecera dos libros de historia sen deixar rastro coa chegada do renacemento. Segundo o rastro deste descubrimento os historiadores agardan atopar o palacio do antigo presidente feudo-medieval da Deputación e dar así coa súa casa na que se agarda atopar toda unha colección de carros de bois e carros de cabalos antigos xunto cunha lexendaria unha colección de cadros e obras de arte dos máis recoñecidos artistas da idade media.

As catas indican que a necrópole ocupa unha extensión de catro kilómetros cadrados sendo unha das máis grandes do mundo naquela época e podería albergar o corpo duns vinte mil conserxes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.