José María Aznar renunciou onte á presidencia de honor do Partido Popular e, segundo informan fontes próximas ao ex presidente, fundará o seu propio PP.
Segundo transcendeu, Aznar considera que Rajoy está a converter o partido ao comunismo e por iso vai “montar su propio partido, con casinos y furcias”.
Os colaboradores máis cercanos do ex presidente afirman que a nova sede do partido podería estar o ben no valle de los caídos ou ben nunha esquina do Bernabeu e para o tema dos casinos xa avanzaron contactos con Sheldon Adelson para retomar o proxecto Eurovegas.
Adhesións e desencontros
Varios dirixentes e militantes de base xa amosaron a súa intención de apoiar a Aznar nesta nova andadura. A meirande parte do PP de Palma de Mallorca xa se posicionou con Aznar “Estamos encantados con la idea de un nuevo partido con casinos y furcias. Es más, pasamos del partido”.
Pola súa banda, Mariano Rajoy, está a facer continxencia de danos e comezou a ofensiva contra o novo proxecto de Aznar: “los peperos son muy peperos y mucho peperos”, espetou para, a continuación, mandarlle unha mensaxe claro sobre a presidencia do partido: “Es el militante el que elige el presidente y es el presidente el que quiere qu sean los militantes el presidente”.