O ISIS acaba de facer público o seu posicionamento a favor da candidatura encabezada por Luis Villares.
Tan só un día despois de que as candidaturas ao Consello de En Marea fosen presentadas, chegan os primeiros posicionamentos de calado, recaendo estes na candidatura oficialista encabezada polo maxistrado Luis Villares.
O máis sorprendente é polo de agora o apoio explícito do grupo terrorista Daesh, tamén coñecido como ISIS, que sen lugar a vacilacións da o seu aval á candidatura de Máis Alá no proceso interno da formación.
O ISIS recoñeceu na canle árabe Al Jazzera que Máis Alá é o que precisa EnMarea, e Galiza en xeral, onde o islamismo non deixa de ser unha relixión minoritaria.
Desde Turquía, o seu alcalde Xulio Ferreiro, quita ferro ao asunto expoñendo que cada quen é libre de avalar as candidaturas coas que mellor se sintan representados, e non nega que o nome da candidatura non sexa buscado para crear o maior efecto mediático pósibel e captar así votos de todos os recunchos do país.
De gañar Máis Alá o proceso interno, e tal e como expoñen no seu documento político, o oficialismo mareil non dubidará en sacrificar ao seu voceiro no Parlamento Luis Villares de xeito público, ao igual que o grupo islámico ten feito durante os úlitmos meses cos seus reféns.