Os orfos do colexio de San Ildefonso dan a nota de cor ao de por si monótono sorteo da Lotaría de Nadal.

Os nenos de Saan Ildefonso entonan a canción de Dragon Ball.
Os nenos de San Ildefonso está a dar a sorpresa do día durante o sorteo de nadal da lotaría, cando contra todo pronóstico están a cantar o que lles sae das bólas.
No transcurrir da mañá diferentes temas está a ser interpretados polos nenos orfos mentres se celebra o sorteo, desde Celtas Cortos, pasando por Melendi, e ate varios temas de Raphael. Podemos destacar incluso algún tema en galego como o arquicoñecido ‘Miña terra galega’ de Siniestro Total, interpretada por Brais Dapena, un pequeno nacido en Corcubión, pero internado no colexio católico.
Foi o mesmo Brais, quen coa súa interpretación da canción de entrada de Dragon Ball, ergueu dos seus asentos a decenas de persoas que se congregaban no Teatro Real, en Madrid, lugar onde se celebra o sorteo. O rapaz, que interpretou “Temos que atopar as bola do Dragón…” foi quen de animar ás persoas que naqueles momentos comezaban a durmnirse nas súas butacas.
En canto ao gordo, os nosos corresponsais avísannos que caeu na Coruña.