Sociedade

Un gandeiro está a criar 300 veganos en extensivo no Xurés


Está agardando o selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. 

A Antonio D.S., un gandeiro da comarca do Xurés, ocorréuselle a idea despois de ver “as porcarías que comen os veganos. A soia e o tofu son como a forraxe esa das vacas que non saen da corte” e por iso comezou a traballar na idea de mellorar a súa alimentación.

veganos-extensivo-xures

Vista aérea da explotación en extensivo de Antonio

“Pasa como cas vacas. Son mellores criadas en extensivo”, indica. “Os pastos do Xurés non conteñen pesticidas nin glifosatos. Así poden comer toda a herba que queiran e como esta é terra de carballos e castiñeiros pois complementan a alimentación e así a carne sairá entrevetada de grasa”, engadiu. Os veciños da zona xa amosan a súa satisfacción ao ver os altos dos montes en producción. “O outro día vin a sete ou oito todos xuntiños pacendo. Tratei de achegarme pero marcharon correndo cara o monte… Animaliños…”, comenta unha veciña de Manín en Lobios.

Os gandeiros da zona xa demandaron da Xunta de Galicia que as explotacións de veganos en extensivo tamén entren nas axudas do lobo. “Pedimos que se hai ataque do lobo paguen cando menos o mesmo que por un xato”, declararon.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s