Política

Nace o 025: O teléfono de asistencia gratuíta a militantes nacionalistas


Ofrecerá información actualizada e gratuíta sobre correntes, manifestos, partidos e mareas e non deixará rastro no historial de militancia.

O novo servizo, que está dispoñible dende hoxe mesmo, ofrecerá terapia online con especialistas.

“Tiñamos detectados casos ansioso-depresivos entre múltiples militantes nacionalistas”, indican os promotores da iniciativa. “Durante as probas recibimos chamadas de militantes comunistas para asegurarse de que non estaban militando nun partido trotskista”, engaden.

telefono-axuda-nacionalistas-025

Na presentación indicaron que teñen un elaborado algoritmo chamado nacionalistímetro. “Foi elaborado en colaboración coa Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Compostela pero no desenvolvemento participaron Beiras, Cuíña, Paco Rodríguez, Bautista Álvarez, Xoán Bascuas e Padín”, explicaron. “Somos capaces de definir con exactitude se un militante debera estar en CxG, BNG, Anova, Cerna, FPG, Causa Galiza ou Converxencia XXI. Incluso comos capaces de distinguir as diferenzas entre os distintos sindicatos estudantís nacionalistas”.

Na presentación anunciaron que “O software utilizado, baseado nun sistema experto de alta tecnoloxía, é incluso capaz de distinguir os matices entre a UPG e o MGS e lembran que todas as consultas recibidas son confidenciais e que non deixan rastro no historial de militancia”.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.