Economía

As eléctricas controlarán a chuvia para que non baixe a luz


Despois de que Rajoy dixera que o recibo da luz baixará porque vai chover as eléctricas tomarán medidas.

danza-chuviaO lobby das eléctricas está a tomar medidas para evitar que baixe o recibo da luz por causa da chuvia. Deste xeito o departamento de I+D das empresas enerxéticas xa están a traballar na utilización de avións e chemtrails para evitar que chova e así evitar que diminúa a facturación.

Os seus departamentos de ciencias ocultas tamén está a traballar, xunto con chamáns recoñecidos, no desenvolvemento dunha “danza de la sequía” que, en contraposición á danza da chuva, puidera reter a auga nas nubes.

Repercusións políticas

BNG e En Marea xa se apresuraron a pedir unha tarifa eléctrica galega. “Xa que na Galiza chove moito a factura da luz debera ser máis baixa”, apuntou Ana Pontón. Pola súa banda, Luis Villares indicou que “Seguindo o razonamento de Rajoy as eléctricas deberan pagar aos cidadáns galegos en vez de cobrarlles”.

O Partido Popular xa calificou as palabras dos dous grupos da oposición como de “nacionalismo rampante” por “vincular a Galicia con las lluvias ya que eso perjudica las peregrinaciones, el turismo y a Murcia”.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.