Actualidade

O Tribunal Supremo prohibe as imaxes de astronautas


O máximo órgano xudicial do estado español tamén prohibe palabras como voar ou branco así como a expresión saltar polos aires.

3648539w-365xxx80Ante o medo a que os usuarios da rede social Twitter usen os comparativos con astronautas, así como as palabras voar, branco ou saltar polos aires nun mesmo parágrafo, o Supremo anula de xeito indefinido o uso ou divulgación das mesmas. Do mesmo xeito pedirá eliminar todas as fotografías de astronautas, ou coches voadores non identificados, as cales quedan totalmente censuradas do mundo dixital.

Por outra banda tamén queda prohibida a canción “Volaré” dos Gipsy Kings, tendencia nos últimos anos en gran parte das herrikotabernas vascas, ao fomentar esta canción o odio, debido ás críticas de que podería estar sendo utilizada para burlarse presunta e indirectamente da morte dalgún hipotético militar franquista.

pedroduqueturismoespoacialmalmenor

Pedro Duque rillando unha mazá. unha das fotografía que proximamente serán censuradas.

Esta medida chega só unhas horas despois de que o Tribunal Supremo condenase por enaltecemento do terrorismo a César Fresa, cantante de Def con Dos, polos seus chistes sobre algunhas das víctimas de ETA.

Uns días antes a Fiscalía da Audiencia Nacional pedía dous anos e medio de cárcere para unha estudante murciana de Historia, como se a muller non tivese suficiente con ser desa rexión.

Desde a Asociación de Vítimas do Terrorismo(AVT) piden un pouco de consideración, mentras que subliñan que que sería o pasaría se fosen persoas de dereita fosen as que se riran de, por poñer un exemplo, esquerdallos mortos en cunetas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.