Con esta medida as compañías eléctricas solidarízanse cos seus clientes e ofrecen métodos alternativos de pago para non cortalles a luz.
Endesa, Iberdrola e Gas Natural Fenosa xa preparan un novo método de pago para o suministro eléctrico. Órganos internos a cambio de electricidade. Os órganos menores como córneas cubrirán un recibo e os órganos maiores como os riles ou o fígado cubrirán os meses da factura eléctrica do inverno.
As asociacións de consumidores xa criticaron a medida e indicaron que “Igual as compañías estánse a pasar co precio da electricidade” o que foi respondido pola patronal que agrupa ás empresas xeradoras de electricidade con un “Estos comunistas nos quieren quitar el pan de nuestros hijos”.
As eléctricas indicaron tamén que aceptarán outros métodos de pago. Deste xeito tamén aceptarán dentes e moas de ouro, xoias ou antigüidades como medio de pago.