Segundo transcendeu na tarde de onte un grupo de xuíces e fiscais acaban de propoñer que a seguinte operación contra a próxima trama corrupta do Partido Popular sexa denominada co nome de ‘Venezuela’. Agardan que deste xeito os telexornais e o propio PP deixen de nomear o país sudamericano. ‘Imos fartos de que Venezuela sirva … Seguir lendo
Tag Archives: corrupcion
Abandona o PP o único militante que non estaba nunha trama
O militante, que non estaba sendo investigado en ningunha trama, abandona o partido falto de non ter temas de conversación co resto dos militantes. JCC, militante popular de base, ven de anunciar que solicitou a baixa no Partido Popular xa que era o único que non estaba involucrado nuntra trama. Segundo explicaron fontes próximas sentíase … Seguir lendo
Valencia abrirá un novo parque temático sobre a corrupción
Acábase de anunciar que se abrirá, en Valencia, un novo parque temático sobre a corrupción. Estará ao lado de Terra Mítica e, segundo avanzou un alto cargo do Partido Popular, será construído por unha empresa de Florentino Pérez. Contará co seu propio aeroporto e coa súa propia liña de AVE. A estación será singular e … Seguir lendo
Louzán importará o modelo de xestión FIFA á Federación Galega de Fútbol
O expresidente da Deputación de Pontevedra e acutal presidente da Federación Galgea de Fútbol ve no modelo da FIFA un exemplo de xestión. Rafael Louzán explicaba hoxe aos medios de comunicación a súa intención de voltear o modelo de xestión actual do ente fubolístico galego para levalo a un punto superior, baseado na xestión da … Seguir lendo
Cientistas populares din que a pertenza de Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva
Cientistas das FAES afirmaron onte que a afiliación de Luis Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva á semellanza do fenómeno das observacións de Ovnis durante os anos 60, 70 e 80 Os voceiros da FAES explicaron que Bárcenas nunca foi tesoureiro do Partido Popular, xamais entregou sobresoldos a altos dirixentes do partido e nin sequera … Seguir lendo
Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de … Seguir lendo
Propoñen poñerlle reixas e barrotes ás sedes do PP
A proposta sería transformar as sedes do Partido Popular en prisións para axilizar a xustiza A Plataforma por unha Xustiza Rápida presentou onte unha proposta para axilizar a depuración de responsabilidades penais no estado español. A proposta pasa por converter as sedes do PP en prisións para axilizar os procesos xudiciais. “Visto o de onte que vos … Seguir lendo
Desarticulada unha banda de xogadores de parchís
Ían por aí bebendo refrescos e dándolle caña aos cubiletes A Policía Nacional e a Garda Civil acaban de anunciar que vén de desenvolverse con éxito unha operación que desarticulou unha banda de xogadores de parchís. A banda composta por oito mozos e mozas de distintas idades, pero todos menores, adicábase a xogar ao parchis nos … Seguir lendo
Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition
Novos pokemons con rolex, gindastres e xardíns perfectamente acondicionados e incluirá un novo mercado no que regalar toda clase de complementos, dende rolex ata chisqueiros A coñecida empresa nipona acaba de anunciar o lanzamento dunha nova versión especial da súa coñecida franquicia Pokemon. Segundo anunciaron nunha nota de prensa agardan obter un significativo éxito tanto … Seguir lendo