Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto
Actualidade

Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto

Ninguén que vivira en Ourense podería pensar tal cousa A xuíza Pilar de Lara está a investigar a 24 dirixentes do PP de Ourense e relaciónaos coa trama Pokemon. Esta noticia deixou consternada a unha provincia que acostuma a votar ao Partido Popular con ratios por riba do 50%. A Deputación de Ourense é unha das … Seguir lendo

O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade
Política

O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade

“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”. Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa. Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man … Seguir lendo

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
Cultura

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal

“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de … Seguir lendo

Agustín Hernández elixirá a Bulbasaur no comezo da súa carreira como alcalde
Política

Agustín Hernández elixirá a Bulbasaur no comezo da súa carreira como alcalde

O alcalde de Compostela elixirá ao Pokemon de tipo planta no seu debut como mestre Pokemon alcalde da cidade de Compostela.   Así o facía público na tarde-noite de onte, despois de que Ángel Currás comunicase a súa renuncia como rexedora da cidade, e que sería o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas quen o … Seguir lendo

Paula Prado tómase con humor a súa relación coa trama ‘POKEMON’
Sociedade

Paula Prado tómase con humor a súa relación coa trama ‘POKEMON’

A parlamentaria galega colga no twitter una imaxe súa, disfrazada de Pikachu. A pasada semana a Portavoz do Partido Popular no Parlamento galego voltaba á palestra mediática polas conversas mantidas co concelleiro compostelán Ángel Espadas dentro do marco das escoitas da operación Pokemon, que quedaron liberadas pola xuíz De Lara. «Paula [Prado] di que Gerardo … Seguir lendo

Os lingotes de ouro atopados na casa de Conde Roa poderían pertencer ao mausoleo de Fraga
Actualidade

Os lingotes de ouro atopados na casa de Conde Roa poderían pertencer ao mausoleo de Fraga

A xuíz Pilar de Lara, deixaba constancia das dúbidas de procendencia que se lle presentaban no propio sumario do caso Pokemon. Despois de saír á luz que os axentes da Vixilancia Aduaneira requisaran 4 lingotes de ouro na casa de Gerardo Conde Roa durante o rexistro que practicaron na mesma dentro do marco da Operación … Seguir lendo

Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition
Tecnoloxía

Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition

Novos pokemons con rolex, gindastres e xardíns perfectamente acondicionados e incluirá un novo mercado no que regalar toda clase de complementos, dende rolex ata chisqueiros A coñecida empresa nipona acaba de anunciar o lanzamento dunha nova versión especial da súa coñecida franquicia Pokemon. Segundo anunciaron nunha nota de prensa agardan obter un significativo éxito tanto … Seguir lendo