Despois das reunións con Villarejo comprendeu que “en la vida no todo es dinero” e procederá a deixar cargos que non estean remunerados. María Dolores de Cospedal abandonará o seu posto na executiva do Partido Popular. Segundo fontes próximas ao seu entorno “ir por ir es tontería”. A ex secretaria xeral do Partido Popular tivo unha … Seguir lendo
Tag Archives: partido popular
Casado abandona a política para dar clases de técnicas de estudo
O xerarca nacional-católico anunciou hoxe a súa retirada do campo político para pasar a exercer coma mestre privado, aproveitando a súa experiencia para axudar aos estudantes a rematar con éxito e rapidez os seus estudos. O xa ex-secretario xeral afirmou en declaracións aos medios que “Na miña nova etapa profesional calculo que os meus ingresos … Seguir lendo
Centos de monxas desconcertadas por non saber que papeleta das primarias darlle os anciáns
As primarias do PP provocan o desconcerto en membros do clero ao non ter claro cara cal dos precandidatos á presidencia do PP ten que ser o destinatario da carretaxe. Numerosos grupos de monxas, alcaldes e membros do clero de distinta pelaxe amosaban onte o seu desconcerto ao non saber a quen tiñan que ir … Seguir lendo
Feijoo trata de conter o sorriso tras coñecer o resultado da moción da censura
Alberto Núñez Feijoo compareceu ante a prensa e dixo que ‘nunca seré un Judas’ tras o que se escoitou un ‘jijiji’. A caída de Mariano Rajoy da presidencia do goberno dispara os rumores de sucesión por parte do presidente da Xunta de Galicia. É vox populi que Rajoy tiña vetado a Alberto Núñez Feijoo nas … Seguir lendo
Rivera sobre a Gürtel: “Yo no veo corruptos y honrados, yo veo españoles”
O líder de Ciudadanos pensa que estas cousas soamente afondan na división entre españois. A publicación da sentenza sobre a Gürtel e a condea ao PP como partido non inmuta nin un ápice o discurso de Ciudadanos. Nesa liña Albert Rivera indicou que non vía corruptos e honrados e que soamente vía españois afondando no … Seguir lendo
CCOO, UGT e Alfonso Rueda convocarán manifestación conxuntas este 1º de maio
Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de … Seguir lendo
O PP só quitará as pensións aos seus votantes
A medida, anunciada polo Goberno, implica unha rebaixa do 70% prorrogateada en 8 anos A última modificación normativa anunciada polo Goberno inclúe unha rebaixa de ata o 70% nas pensións dos seus votantes. A medida lévase a cabo despois de que o executivo anunciase que xa non queda diñeiro no fondo de pensións, o que … Seguir lendo
Os votantes do PP son os pais
O achádego foi descuberto por un grupo de sociólogas da USC que buscaban dar resposta ás repetidas victorias do PP en Galiza. A maioría aplastante do PP en Galiza tiña que ter unha base científica e demostrábel. Con esa premisa partía un grupo de 4 sociólogas da Universidade de Santiago de Compostela que hai xa … Seguir lendo
Un carteirista denuncia que lle negan á afiliación ao PP por non dar o nivel
Un carteirista que soe operar na estación de autobuses de Santiago de Compostela fixo público na tarde de onte que o Partido Popular lle ven de negar a afiliación por “no dar el nivel”. O carteirista, que responde ao nome de Alberto F.N., indicou que tento cubrir unha ficha de afiliación ao PP pero cando … Seguir lendo
O PSOE ante a moción de censura de Podemos: ‘No es no’
A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’. Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que … Seguir lendo