Sociedade

Apostatan centos de veganos e pásanse a Carnelao


 

Máis de douscentos veganos acaban de apostatar do veganismo

carnelao

O suceso ocorreu o domingo pasado na cidade de Vigo onde unha familia estaba facendo unha churrascada e o cheirume provocou a excitación da pituitaria dos veganos que romperon os seus apios, tiraron os tofus e fumaron as súas rúculas ante os atónitos ollos dos presentes.

A súa conversión foi tan voraz que acabaron en segundos coa churrascada catalizadora e acudiron ao zoo de Vigo armados con antorchas para saciar a fame de carne no día festivo.

Entre gritos de “Carnelao! Carnelao” chegaron ao zoo de Vigo onde Marita Rodríguez, que ía acompañando o seu neto, afirma que atacaron aos ornitorrincos ao grito de “esos ao espeto están moi ricos” e que incluso tivo que taparlle os ollos ao neno cando un grupo de exveganos gritaban “que non se escape ese bebé foca”.

As autoridades conseguiron reducilos e agora están sometidos a un proceso de normalización carnívora no Restaurante Gerardo en Celeiros, Chandrexa de Queixa. O persoal médico que os atende é optimista coa súa evolución.

5 thoughts on “Apostatan centos de veganos e pásanse a Carnelao

  1. Carnelao, Carnelao… Estamos ben de fartinhos de ti…
    Nota: Os veganos non comemos animais porque non somos especistas, é dicir, non nos cremos con dereito de facer sufrir a un animal inocente só porque sexa de outra especie.
    Nota 2: Mallar a ostias a unha pandilla de machirulos faltóns non ten problema de coherencia co veganismo. De feito, moitos veganos non tenhen nada de jipis-pacifistas.
    Nota 3: Sacade conclusións imbéciles.

  2. Pingback: Nace a Plataforma pola Abdominal Única | Tempos Galegos

  3. Pingback: Lanzan unha nocilla con sabor a zorza | Tempos Galegos

  4. Pois está de carallo. Meu pai que leva todo o ano alimentando os marraos e veñen uns da citi a foderllo. Deixande estar os marraos na corte que alí ben están!!!!! Durmen o quentiño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.