Mentres a oposición en bloque sostén que as cores da bandeira de Nunca Máis son o azul e o negro, o Partido Popular asegura que é branca e dourada. A ultima sesión do Parlamento Galego veu marcada polo conflito xerado pola bandeira de Nunca Máis. Máis de 10 anos despois da traxedia a enseña … Seguir lendo
Tag Archives: Paula Prado
Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de … Seguir lendo
A SAREB rescatará o Banco dos Acusados
A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) procederá ao rescate do Banco dos Acusados xa que a multitude de imputados que o utilizan abocaríao á quebra ao non aguantar tanto peso. Segundo transcendeu esta mañá unha cantidade cercana aos 20.000 millóns de euros van ser transferidas desde fondos do Tesouro procedentes do … Seguir lendo
Paula Prado tómase con humor a súa relación coa trama ‘POKEMON’
A parlamentaria galega colga no twitter una imaxe súa, disfrazada de Pikachu. A pasada semana a Portavoz do Partido Popular no Parlamento galego voltaba á palestra mediática polas conversas mantidas co concelleiro compostelán Ángel Espadas dentro do marco das escoitas da operación Pokemon, que quedaron liberadas pola xuíz De Lara. «Paula [Prado] di que Gerardo … Seguir lendo