Sete persoas seguen hospitalizadas a día de hoxe. Fin de semana negra nos montes galegos, e fundamentalmente nos ourensáns. Durante o trascurso do sábado e domingo foron preto dunha ducia as persoas que acudiron a centros médicos de urxencia ante as lesións producidas polo estourido de castañas mentres estas se facían ao lume. Segundo apuntan … Seguir lendo
Tag Archives: magosto
Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume
O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que … Seguir lendo
A Consellería de Sanidade prohibirá os magostos por canceríxenos
O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional. A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola … Seguir lendo
Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de … Seguir lendo