‘Xa que non hai material cirúrxico encomendarémonos aos espíritus’, apuntan dende a xerencia do centro.
A ausencia de instrumental médico impediu, o pasado 1 de outubro, a intervención cirúrxica dun paciente con cancro no novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
“Non é a primeira vez que se cancelan operacións. Xa foron varias as que houbo que suspender por problemas coa esterilización do material cirúrxico”, explicou o presidente da Xunta de persoal do centro hospitalario que apunta que a última foi a dun paciente de oncoloxía que tiña programada unha intervención a finais do mes de setembro.
Ante isto, a nova equipa do flamante novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, xa se puso a traballar no asunto e, segundo puido saber este medio, pretenden resolver a crise de material mediante a contratacións de chamáns.
‘¿Quién necesita cirugía si podemos contratar a los mejores chamanes?’, indican fontes cercanas á Consellaría de Sanidade. ‘Todos los pacientes tendrán acceso a técnicas chamanísticas y de vudú para superar sus problemas. De esta forma nos preocupamos por el cuerpo y el alma de nuestros pacientes y, en vez de rajarlos con un bisturí, los encomendamos a dios y a los espíritus’, comentan.
Fontes próximas á Conferencia Episcopal xa puxeron o grito no ceo (literalmente) por que consideran que a Xunta de Galicia esta a ter ‘preocupantes derivas paganas’ e apuntaron que se queren facelo ben o que precisan é ‘contratar a muchos más curas’.