Un grupo de vigueses lanzouse a recuperar a praia de Samil para os habitantes da cidade olívica. A batalla rematou en matanza. As augas do atlántico tinguíronse de vermello despois da liorta que se viviu en Samil onte pola tarde cando un grupo de persoas chegou a praia armados con paus, arpóns e mazas para…
Etiqueta: Vigo
O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE
Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial…
O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en…
O hospital de Vigo cambia médicos por ‘chamanes’
‘Xa que non hai material cirúrxico encomendarémonos aos espíritus’, apuntan dende a xerencia do centro. A ausencia de instrumental médico impediu, o pasado 1 de outubro, a intervención cirúrxica dun paciente con cancro no novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Non é a primeira vez que se cancelan operacións. Xa foron varias as que houbo…
Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo
A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública. A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro…
Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo
‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear…
Boomer volve ao mercado co chicle de ‘Polbo pouco cocido’
Despois do peche de fábrica de Tarazona en 2009 a marca lider en chicles nos anos 90 relánzase ao mercado cun novo sabor, que será fabricado entre as cidades de Vigo e O Carballiño. A marca de chicles que nos 90 se fixocase por completo co mercado de goma de mascar entre os máis novos…
Caballero aparece nun acto vestido cun chándal bolivariano de Vigo
O alcalde de Vigo sorprende a todo o mundo ao aparecer uniformado cual político bolivariano, co seu chándal da cidade. Abel Caballero non deixa de sorprender. Se primeiro foi o Alfageme na rotonda, e despois o Dinoseto, agora o rexidor vigués volve cunha nova idea en mente, a comercialización de chándals vigueses, para reivindicar a…
Whatsapp creará o emoticono do Dinoseto
Compartirá espazo co resto de emojis animais da aplicación. No día de mañá una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambio “atractivo, sobre todo para o público vigués. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro de 2014 tamén de Whatsapp. “Decidimos introducir entre os nosos Emojis(iconos de Whatsapp)…
Caballero cree que o Dinoseto reactivará a economía viguesa
O alcalde vigués está convencido das potencialidades do Dinosauro colocado na entrada da Praza da Princesa, en Porta do Sol. Abel Caballero presentaba onte, na súa rolda de prensa semanal o que considera será a revolución económica da cidade e incluso da área metropolitana. O alcalde e Vigo, catedrático de economía, asegura que o Dinoseto está…
Abel Caballero coloca outro dinosaurio en Vigo
O seu amor polas cousas pleistocénicas podería ser obxecto dun estudo Abel Caballero colocou hoxe por sorpresa outro dinosaurio nunha rotonda ao que hai que sumar o colocado onte na rúa Rosalía de Castro. A teima que ten Abel Caballera con poñer cousas nas rotondas foi comentado por moitos veciñas e veciños da cidade olívica…
O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades
O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados…
