Deportes

Berizzo marchará do Celta a un concello limítrofe


O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube.

Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo.

“Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel Caballero. “Mouriño está tan ensimismado co do estadio que é capaz de facer calquera cousa”, engaden.

O grupo municipal do BNG no Concello de Cambre xa ofreceu traballo ao adestrador do Celta aínda que non queren ligar isto coa polémica de hai uns meses polas que o concelleiro de deporte lle ofrecera ao Celta o estadio municipal como sede.

Cambre non é a única opción para o adestrador arxentino. Redondela, Mos e Portugal xa ofreceron terreos para o estadio e para o adestrador oferta que a alcaldesa do Porriño elevou ofrecéndolle a dirección dunha auxiliar da Citroën.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.