Actualidade

A Lama albergará o primeiro módulo do mundo para rapeiros


Inaugúrase ante a inminente entrada na cárcere dos membros da banda musical “La Insurgencia’

O módulo contará con 40 celdas, inda que non se descarta a ampliación modular se continúan aumentando o número de persoas encarceadas pola Audiencia Nacional.

A localización débese a unha cuestión estratéxica, dado que 6 dos membros do grupo “La Insurgencia” son galegos, e destes, tres son de Vigo. Ademáis fontes próximas afirman que é posible que se deslocalice á Lama a outros rapeiros cómo Pablo Hasél ou Valtónyc, dado que nin en Lérida nin en Mallorca contan inda con estas facilidades.

Para o desenvolvemento deste módulo contouse cun presuposto de 2’3 millóns de euros, e entre as novidades máis destacadas está a sala de recondicionamento e rehabilitación vocal, nela os rapeiros escoitarán música pop e cancións prosociais e nada ferintes cómo a versión do himno de Marta Sánchez. O obxetivo final é que os penados deixen de criticar ó rei e o orde prestablecido, se convirtan en cidadáns de ben que voten ó PP e se dediquen a cuestións menos nocivas cómo son os delitos de luva branca ou o narcotráfico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.