Actualidade

Abel Caballero comeza a construcción da Estrela da Morte


Sen previo aviso, a impoñente estructura comeza a tomar forma na cidade de Vigo.

Desde hai tempo é sabido a intención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de construír un imperio ao redor da súa emblemática figura, e unha vez máis este da outro novo paso cara conquerilo. Desta volta trátase nin máis menos que da construcción dunha macroestructura que cando esté rematada albergará a Estrela da Morte viguesa.

A construción que contará co traballo ininterrumpido de 300 traballadores municipais durante 12 anos, pretende albergar unha nave nodriza que sexa capaz de surcar o espacio e á súa vez permita sacar fotos do Dinoseto desde a estratosfera.

Ante as preguntas da prensa ao alcalde de Vigo este contedtou que: “se na provincia da Coruña teñen unha Costa da Morte, nós non seremos menos e teremos unha Estrela da Morte, máis grande e máis mortífera”.

A nova Estrela da Morte podería chegar a ter unha capacidade de case 2 millóns de persoas, o que permitirá a Vigo seguir medrando aos niveis planificados polo grupo de Goberno sorteando así os problemas urbanísticos xurdidos a causa da caída do actual PXOM.

En canto á artillería militar, desde a alcaldía prefiren non dar datos ata que o proceso de construción estea máis avanzado, pero aseguran que será totalmente solvente á hora de doblegar tanto A Coruña como calquera outra parte do Universo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.