Deportes

Unzué ficha polo RC Celta de Mos


Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos.

O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores, Berrizzo e Luís Enrique.

O novo adestrador xa amosou a súa satisfacción por fichar pola equipa de Mos. “Ten un bonito concello limítrofe que é Vigo”, declarou.

Unzué sinalando cara Mos

Tanto a directiva e o corpo técnico destacan que o técnico foi unha boa elección. “É de Navarra que veñen a ser como vascos pero non son vascos. Aquí vaille pasar o mesmo. Os de Mos parecen de Vigo pero non o son”, engadiron fontes próximas á directiva celeste.

O clube celeste está envolto na polémica polo cambio de localidade da equipa. Segundo parece Mos ten todas as papeletas para facerse coa franquicia mais aínda non se pode descartar que marche para o Concello de Cambre ou, incluso, para o de Coruña.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.