Atopado en Vigo un neno falando galego

Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata…

Un ourensán queixase de que en Samil hai demasiados vigueses

Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia. Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de…

Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense

Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a…

A Lama albergará o primeiro módulo do mundo para rapeiros

Inaugúrase ante a inminente entrada na cárcere dos membros da banda musical “La Insurgencia’ O módulo contará con 40 celdas, inda que non se descarta a ampliación modular se continúan aumentando o número de persoas encarceadas pola Audiencia Nacional. A localización débese a unha cuestión estratéxica, dado que 6 dos membros do grupo “La Insurgencia”…

Abel Caballero comeza a construcción da Estrela da Morte

Sen previo aviso, a impoñente estructura comeza a tomar forma na cidade de Vigo. Desde hai tempo é sabido a intención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de construír un imperio ao redor da súa emblemática figura, e unha vez máis este da outro novo paso cara conquerilo. Desta volta trátase nin máis menos que…

As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España

A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que…

Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza

En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax. A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados,…

Unzué ficha polo RC Celta de Mos

Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos. O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores,…

Berizzo marchará do Celta a un concello limítrofe

O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube. Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo. “Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel…