Roberto Vilar xa poderá falar castrapo sen que o critiquen
Actualidade

Roberto Vilar xa poderá falar castrapo sen que o critiquen

O famoso showman galego aproveita o tirón de “Fariña” para fichar por Atresmedia e presentará xunto coa actriz Silvia Abril “La noche de Rober” en Antena 3. Tras varios anos batendo récords de audiencia co Land Rober na Televisión de Galicia, unha canle xeneralista volve darlle outra oportunidade a Vilar para triunfar a nivel nacional. … Seguir lendo

A TVG organizará un debate a dous entre Feijoo e unha ameba para ver se así o gaña
Política

A TVG organizará un debate a dous entre Feijoo e unha ameba para ver se así o gaña

Despois da malleira que levou Feijoo no debate de onte na TVG a canle reacciona e organizará un debate a dous entre o candidato do Partido Popular e unha ameba para darlle facilidades ao presidente. O debate electoral a cinco celebrado onte entre os principais candidatos á presidencia da Xunta saldouse cunha extrepitosa derrota de … Seguir lendo

A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais
Actualidade

A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais

A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular. Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto … Seguir lendo

A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns
Tecnoloxía

A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns

O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación … Seguir lendo

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’
Tecnoloxía

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’

A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva … Seguir lendo