Actualidade

Roberto Vilar xa poderá falar castrapo sen que o critiquen


O famoso showman galego aproveita o tirón de “Fariña” para fichar por Atresmedia e presentará xunto coa actriz Silvia Abril “La noche de Rober” en Antena 3.

Tras varios anos batendo récords de audiencia co Land Rober na Televisión de Galicia, unha canle xeneralista volve darlle outra oportunidade a Vilar para triunfar a nivel nacional.

Quizais desta volta teña máis sorte grazas ao éxito da serie ‘Fariña’ que está poñendo de moda en España o acento e as expresións galegas. Bo momento, pois, para intentar de novo o desembarco en Madrid e poder colar o castrapo sen que ninguén se ofenda.

Roberto Vilar poderá, por fin, dirixirse aos convidados que veñan ao programa integramente en español sen ter que pasar as incomodidades de “Land Rober” onde rebaixa o galego con castelanismos ata facer del unha purrela ou mix castrapeiro que tanto critican galleguistas e puristas da lingua de Rosalía.

Unha das vantaxes de traballar en Madrid, indica o propio Vilar, vai ser librarse deses fundamentalistas da lingua galega que non poderán criticalo, neste caso, por non ter competencia oral de galego nivel “Celga 5”.

Co tirón de Fariña (a serie) ningún español alén do rego das patacas criticará a Roberto polo acento galaico e ese castelán inzado de expresións galegas como “a cabeza non para”, “manda carallo”, “vaia trapallada!” ou “podre de cartos”

E podre de cartos vai poñerse o amigo Roberto Vilar compaxinando “Land Rober” na TVG con “La noche de Rober” en Antena 3… Que mala é a envexa, carallo!

Artigo enviado por O_Trapalleiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.