A CRTVG anunciou, co galo do 23 aniversario do Xabarín Clube, o que será o novo espazo de entretemento infantil da canle pública.
“O Xabarín está vello, e é hora de que se xubile” así o afirmaba o director xeral da TVG, Alfonso Sánchez-Izquierdo, no acto de celebración do 23 aniversario do actual Xabarín Clube. Segundo Izquierdo, a CRTVG quere darlle o mellor final á mascota infantil e programan a morte do porco bravo nunha batida no ano 2019, cando este chegue á cifra redonda de 25 anos.
O programa infantil será sustituido polo PorcorilClube, un espazo de temática similar pero que alternará harmonicamente o idioma galego e o español como ben sendo a política habitual de bilingüismo da televisión galega nos últimos anos. Esta decisión de utilizar os dous idiomas pretende chegar a un público maior que o Xabarín Clube pois poderá ser seguido por toda a rapazada independientemente do idioma que utilice, sen discriminar por tanto á mocidade monolingüe en castelán.
Segundo Alfonso Sánchez-Izquierdo, “tal como o Porcoril é un cruce entre razas, queremos que o seu clube tamén o sexa, e dado o aspecto maioritario de españois falantes residentes en Galicia, requeríase desde hai tempo unha medida neste senso”.
Entre outras novidades destacadas están o feito de que o mellor amigo do Porcoril será un eucalipto e o cambio no contido das letras das cancións. Neste último caso, as cancións do PorcorilClube adaptaranse ás esixencias da Lei de Seguridade Cidadá, tamén coñecida cómo Lei Mordaza, barallándose así títulos cómo “Yo soy español”, “Soy el novio de la muerte” o “España, España, bandera, bandera”.