O famoso showman galego aproveita o tirón de “Fariña” para fichar por Atresmedia e presentará xunto coa actriz Silvia Abril “La noche de Rober” en Antena 3. Tras varios anos batendo récords de audiencia co Land Rober na Televisión de Galicia, unha canle xeneralista volve darlle outra oportunidade a Vilar para triunfar a nivel nacional….
Etiqueta: tvg
Preparan un PorcorilClube para 2019
A CRTVG anunciou, co galo do 23 aniversario do Xabarín Clube, o que será o novo espazo de entretemento infantil da canle pública. “O Xabarín está vello, e é hora de que se xubile” así o afirmaba o director xeral da TVG, Alfonso Sánchez-Izquierdo, no acto de celebración do 23 aniversario do actual Xabarín Clube….
Os presentadores do Telexornal limitarase a ler La Voz de Galicia en alto
A CRTVG despedirá a toda a equipa de redacción por considerala innecesaria e pasarán a ler en alto La Voz de Galicia durante a emisión dos distintos telexornais. A Xunta de Galicia asinará un novo convenio co grupo de comunicación coruñés para que os informativos da TVG pasen a ser a versión audiovisual da versión…
A CRTVG estreará TuteCabrón, a House of Cards galega
TuteCabrón, a serie sobre a política galega será estreada en xaneiro pola CRTVG, no que pretende ser a House of Cards galega. Segundo as informacións filtradas pola propia televisión de Galiza e a productora galega VacaFilms, a serie versará na súa primeira temporada na vida dun alcalde do rural galego e a súa loita política, tanto…
A TVG organizará un debate a dous entre Feijoo e unha ameba para ver se así o gaña
Despois da malleira que levou Feijoo no debate de onte na TVG a canle reacciona e organizará un debate a dous entre o candidato do Partido Popular e unha ameba para darlle facilidades ao presidente. O debate electoral a cinco celebrado onte entre os principais candidatos á presidencia da Xunta saldouse cunha extrepitosa derrota de…
Planeta DeAgostini lanzará unha colección de fascículos do Luar
Poderanse mercar os números 1 e 2 o próximo luns nos kioskos e librerías de todo o país e traerá, de regalo, un pelo do Gayoso. O exitoso programa da TVG estará nos kioskos de toda Galiza para o deleite dos seus milleiros de seguidores. As 22 tempadas e todos os programas completos e especiais de…
A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais
A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular. Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto…
A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns
O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación…
Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’
A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva…
A TVG só emitirá publicidade en galego
A canle pública galega anunciou que a partires do próximo ano, tan só emitirá anuncios no noso idioma. Pasadas as 14h, o telexornal mediodía anunciaba a nova medida, que pretenderá, a partires de xaneiro do próximo ano fomentar o idioma propio de Galicia, tal e como figura no primeiro punto do primeiro artigo da Lei de…
SuperPiñeiro coñecedor do segredo da inmortalidade de Jordi Hurtado
O showman galego tería mantido contacto directo con Jordi Hurtado nos últimos anos. Xosé Manuel Piñeiro, o ídolo de masas e sexsymbol galego recoñecía a pasada semana saber algún que outro segredo que lle permitiu non envellecer durante os últimos anos. Piñeiro, que se fixo famoso durante anos presentando o programa da TVG, SuperMartes, tería coñecido…
O Telexornal informará sobre hortalizas xigantes para contrarrestar as novas sobre recortes
O consello editorial da CRTVG prevé lanzar unha campaña para tapar as novas sobre os novos recortes da Xunta e do goberno central Traballadoras e traballadores da TVG alertan de que a dirección da canle trata de contrarrestar as noticias sobre os recurtes do goberno autonómico e central mediante unha batería de noticias sobre hiperhortalizas…
