O presidente do goberno español, visiblemente enfadado por terlle tombado os orzamentos, pechouse dun portazo no seu cuarto. Así o contaron os seus pais tras tocarlle na porta e recibir unha zapatilla contra a mesma: “no quiere ver a nadie porque dice que en el Congreso se han reído de él, pero si no sale … Seguir lendo
Tag Archives: psoe
Os votantes do PP son os pais
O achádego foi descuberto por un grupo de sociólogas da USC que buscaban dar resposta ás repetidas victorias do PP en Galiza. A maioría aplastante do PP en Galiza tiña que ter unha base científica e demostrábel. Con esa premisa partía un grupo de 4 sociólogas da Universidade de Santiago de Compostela que hai xa … Seguir lendo
Pedro Sánchez OÉ, o novo significado de PSOE
A formación socialista troca o significado do seu acrónimo coa vitoria de Pedro Sánchez.O PSOE é outro desde a vitoria no día de onte do #SíEsSí, del tal xeito e por aclamación os militantes socialistas reunidos onte en Cibeles decidiron que o PSOE pase a ser o partido de Pedro Sánchez OÉ(PSOÉ). A masa, que … Seguir lendo
Portugal gaña o debate das primarias do PSOE
O aspirante Salvador Sobral desbancou dialécticamente aos seus rivais cun discurso de esquerda e ruptura. O debate do PSOE, inserido no que están a ser as primarias que decidirán o vindeiro secretario xeral da formación socialista, rematou cun claro vencedor na mañá de onte. Este non foi outro que o home de moda na península … Seguir lendo
O PSOE ante a moción de censura de Podemos: ‘No es no’
A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’. Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que … Seguir lendo
A xestora do PSOE crea unha listaxe cos seus representantes máis guapos
Nunha escala de Bono a Felipe González a corrente oficialista copa os primeiros postos. Co slogan “os nosos representantes máis macizos” a xestora pretende dar a coñecer a guapura que habita no seu partido. Na lista, encabezada por Susana Diaz, Felipe Gonzalez ocupa o número dous e Jose María Aznar o número tres. Segundo parece foi o … Seguir lendo
As primarias do PSOE contarán con observadores internacionais e cascos azuis
O encarnizamento da loita polo liderazgo do PSOE provoca a intervención das Nacións Unidas. As primarias á secretaría xeral do partido socialista están a incrementar o nivel de virulencia e guerra sucia entre as faccións en conflito. Fontes próximas á candidatura de Pedro Sánchez xa anunciaron problemas co censo na formación onde as novas altas … Seguir lendo
Sorpresa maiúscula ante a candidatura de Susana Díaz ás primarias do PSOE
Ninguén se esperaba que a presidenta andaluza decidirá dar o paso para liderar aos socialistas. Susana Díaz, a baronesa do PSOE, anunciaba por sorpresa durante a mañá de onte a súa candidatura ás primarias para presidir o partido. Nunha rolda de prensa convocada con tan só media hora de antelación, Díaz anunciou que anunciará proximamente … Seguir lendo
O PSOE ficha a Errejón no mercado de inverno
O deputado de Podemos Íñigo Errejón converteuse na noite do martes no segundo reforzo do PSOE tras superar a revisión médica. A formación morada acadou un acordo para o seu traspaso por preto de 2,8 millóns de euros, un pouco máis do que investiu por el durante o seu perdiodo como liberado dentro da organización. A duración … Seguir lendo
Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero
Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero. A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se … Seguir lendo