O aspirante Salvador Sobral desbancou dialécticamente aos seus rivais cun discurso de esquerda e ruptura.
O debate do PSOE, inserido no que están a ser as primarias que decidirán o vindeiro secretario xeral da formación socialista, rematou cun claro vencedor na mañá de onte.
Este non foi outro que o home de moda na península ibérica e tamén ao largo de Europa, Salvador Sobral.O lisboeta, gañador con Portugal do festival de Eurovisión este pasado sábado decidía presentarse ao debate dado o auxe frenético da súa figura nos últimos días.
Co aval do traballo feito polo Partido Socialista Portugués no país veciño, onde goberna cos comunistas do PCP e co Bloco de Esquerda, Salvador chegaba a Ferraz como un candidato a ter en conta. O debate que xirou arredor da cultura, dos refuxiados, da sanidade e do idioma, onde Sobral defendeu o reintegracionismo como un achegamento de Galiza e Portugal cun potencial futuro socioeconómico, o portugués vapuleou aos seus contrincantes.
A pesar de que o televoto por momentos mostraba a Pedro Sánchez ou mesmo a Susana Díaz, finalmente os últimos 6millóns de votos foron directos para Salvador Sobral que así se alzaba coa vitoria cun discurso sobrio e centrado na rutura que foi íntegramente escrito pola súa irmá.