A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’.
Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que carcome o partido conservador.
Segundo parece a moción non vai proposperar xa que non vai contar co apoio do Psoe que despacha con un ‘No es no’ a proposta de Iglesias o que xerou unha forte polémica entre as bases socialistas ao entender que con esa frase votarían a prol de sacar a Rajoy do goberno facendo unha analoxía con aquel ‘No es no’ que explicitara o Psoe cando, antes de mudar radicalmente de postura, defendía que Rajoy non ía ser investido presidente do goberno.
Outros grupos políticos como Ciudadanos pronunciáronse tamén en contra da moción de censura. ‘En España no vamos a apoyar lo que nosotros proponíamos en Murcia. Esto no es ninguna contradicicón. A nadie le importa lo que sucede en Murcia…’ declararon fontes próximas ao partido laranxa.