Política

O PSOE ficha a Errejón no mercado de inverno


O deputado de Podemos Íñigo Errejón converteuse na noite do martes no segundo reforzo do PSOE tras superar a revisión médica.

Errejón momentos despois de pasar o recoñecemento médico en Ferraz.

Errejón momentos despois de pasar o recoñecemento médico en Ferraz.

A formación morada acadou un acordo para o seu traspaso por preto de 2,8 millóns de euros, un pouco máis do que investiu por el durante o seu perdiodo como liberado dentro da organización. A duración do seu contrato será o mesmo que tiña até agora con Podemos, ate as próximas eleccións, onde se acordaría ou non unha prórroga deste en función dos obxetivos acadados. Da mesma maneira, o PSOE respectará o seu salario que incluso podería incrementerse en función do número de mocións presentadas e intervencións en plenos.

A formación dirixida por Pablo Iglesias viu no interese do PSOE a mellor forma de poder sacar proveito a un deputado que nos últimos tempos facía fronte e sombra ao seu secretario xeral, e que estaba apartado da organización por indisciplina.

O propio Pablo Iglesias xa dera instrucións aos seus órganos de dirección de que non quería ver máis ao mozo. Canto máis lonxe ideoloxicamente, mellor. E así será.

Errejón converterase no segundo reforzo do PSOE no mercado de inverno e chega para sustituír ao recentente finado José Antonio Alonso, ministro de Interior e Defensa durante o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

Íñigo Errejón deu preferencia a seguir nas Cortes españolas, xa que tamén contaba cunha proposta de EQUO, que parece ser non chegou a ser formalmente contemplada polo mesmo Íñigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.