As primarias do PP provocan o desconcerto en membros do clero ao non ter claro cara cal dos precandidatos á presidencia do PP ten que ser o destinatario da carretaxe. Numerosos grupos de monxas, alcaldes e membros do clero de distinta pelaxe amosaban onte o seu desconcerto ao non saber a quen tiñan que ir … Seguir lendo
Tag Archives: pp
Feijóo desvela, mediante a produtora de Piqué, que se queda en Galiza
O presidente da Xunta repasa nun corto as últimas semanas ata tomar “A decisión”. Unha vez máis o futbolista catalán, Gerard Piqué, atópase no medio do lío e a polémica. Se hai unhas semanas a súa produtora estreaba o primeiro episodio de #LaDecisión, co futbolista do Atlético de Madrid, Antoine Griezmann, desta volta #LaDecisión centrase … Seguir lendo
Feijoo trata de conter o sorriso tras coñecer o resultado da moción da censura
Alberto Núñez Feijoo compareceu ante a prensa e dixo que ‘nunca seré un Judas’ tras o que se escoitou un ‘jijiji’. A caída de Mariano Rajoy da presidencia do goberno dispara os rumores de sucesión por parte do presidente da Xunta de Galicia. É vox populi que Rajoy tiña vetado a Alberto Núñez Feijoo nas … Seguir lendo
Rivera sobre a Gürtel: “Yo no veo corruptos y honrados, yo veo españoles”
O líder de Ciudadanos pensa que estas cousas soamente afondan na división entre españois. A publicación da sentenza sobre a Gürtel e a condea ao PP como partido non inmuta nin un ápice o discurso de Ciudadanos. Nesa liña Albert Rivera indicou que non vía corruptos e honrados e que soamente vía españois afondando no … Seguir lendo
España estudará a independencia de Catalunya para ter máis posibilidades en Eurovisión
‘Como esto va por el voto que te dan los vecinos así España tendría más posibilidades’, indican fontes de próximas ao goberno. O asunto de Catalunya pode dar un xiro radical nos próximos meses e, contra todo prognóstico, o que pode facer que todo mude sería un concurso televisivo de cancións. Segundo trascendeu no día … Seguir lendo
CCOO, UGT e Alfonso Rueda convocarán manifestación conxuntas este 1º de maio
Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de … Seguir lendo
O PP só quitará as pensións aos seus votantes
A medida, anunciada polo Goberno, implica unha rebaixa do 70% prorrogateada en 8 anos A última modificación normativa anunciada polo Goberno inclúe unha rebaixa de ata o 70% nas pensións dos seus votantes. A medida lévase a cabo despois de que o executivo anunciase que xa non queda diñeiro no fondo de pensións, o que … Seguir lendo
Agustín Hernández rescata un home do río e vólveo guindar
O ex conselleiro e dirixente do PP en Santiago rescatou un home que caera ao Sar, sácase unha foto con el, e vólveo tirar ao río. Os feitos aconteceron durante a sesión de running matinal do concelleiro do Partido Popular en Santiago polas beiras do Sar. O ex conselleiro que corría acompañado dun fotógrafo de … Seguir lendo
A ESO e o bacharelato computarán para o cálculo das pensións
O goberno propón a ampliación do período de cálculo das pensións a toda a vida das persoas. Será voluntaria. Quen non queira que lle compute quedará sen pensión. O PP ven de trasladar ao Pacto de Toledo, o órgano que se encarga do estudo da viabilidade das pensións, unha proposta para ampliar a toda a … Seguir lendo
Nas próximas eleccións catalás votará toda España
“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos … Seguir lendo