Economía

A ESO e o bacharelato computarán para o cálculo das pensións


O goberno propón a ampliación do período de cálculo das pensións a toda a vida das persoas. Será voluntaria. Quen non queira que lle compute quedará sen pensión.

O PP ven de trasladar ao Pacto de Toledo, o órgano que se encarga do estudo da viabilidade das pensións, unha proposta para ampliar a toda a vida o cálculo das pensións. Deste xeito a ESO e o Bacharelato serán tidos en conta no dito cálculo xunto cos períodos de gardaría e a estancia no ventre materno porque, como sabemos, o PP considera que a vida comeza na fecundación.

Pola súa banda a ex ministra Celia Villalobos ven de indicar no mesmo foro, que “Hay pensionistas que están más tiempo cobrando la pensión que trabajando”. Para evitalo o goberno vai anunciar nos próximos días un Plan de Emprego do Maior no que os pensionistas serán enviados a campos de traballo durante as súas estancias pagadas polo Inserso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.