A medida, anunciada polo Goberno, implica unha rebaixa do 70% prorrogateada en 8 anos
A última modificación normativa anunciada polo Goberno inclúe unha rebaixa de ata o 70% nas pensións dos seus votantes.
A medida lévase a cabo despois de que o executivo anunciase que xa non queda diñeiro no fondo de pensións, o que impide pagar o 100% da pensión á maioría dos seus contribuíntes.
Fontes do Goberno sinalan dúas razóns principais que promoveron esta reforma urxente: evitar a alarma social que produciría rebaixar as pensións a tódolos pensionistas por igual e aumentar o nivel de confianza de cara ós seus votantes, desenvolvendo un punto que xa estaba recollido no seu programa electoral.
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciaba onte a medida coas seguintes palabras: “Es el pensionista el que elige al presidente y es el presidente el que no quiere que el pensionista no pierda la pensión. Pero no todos los pensionistas, sólo los que votan al PP, porque cuanto peor mejor para todos peor, mejor, mejor para mí”