Concienciados coa igualdade entre homes e mulleres as políticas de Podemos optarán pola paridade tamén nas súas crianzas. O anuncio da voceira de Podemos no Congreso, Irene Montero, de que está a esperar dous fillos do secretario xeral da mesma formación, Pablo Iglesias colleu a moita xente por sorpresa na pasada semana, pero é agora…
Etiqueta: pablo iglesias
O PSOE ante a moción de censura de Podemos: ‘No es no’
A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’. Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que…
Ticketmaster venderá entradas e palomitas para Vistalegre II
“Ya que vamos a dar el espectáculo por lo menos sacar beneficio”, declarou Pablo Echenique O grupo de traballo que está a organizar a asemblea de Podemos acaba de anunciar un acordo con TicketMaster, unha empresa de venta de entradas de eventos de todo tipo. Nada máis darse a coñecer a noticia a empresa xa…
O PSOE ficha a Errejón no mercado de inverno
O deputado de Podemos Íñigo Errejón converteuse na noite do martes no segundo reforzo do PSOE tras superar a revisión médica. A formación morada acadou un acordo para o seu traspaso por preto de 2,8 millóns de euros, un pouco máis do que investiu por el durante o seu perdiodo como liberado dentro da organización. A duración…
Ana Blanco gaña o debate electoral a catro
Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate. Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a…
Errejon valora refregar unha papeleta electoral na chepa de Pablo Iglesias para que lle dea sorte
O número 2 de Podemos, Íñigo Errejón, non está moi convencido da estratexia seguida por Pablo Iglesias no anterior conato de lexislatura. Fontes confidenciais aseguran que, ante as dúbidas que xeneran os resultados electorais da coalición nesta segunda volta dos comicios, ten pensado entregarse á superstición e confiará todas as opcións á sorte que producirá refregar as…
Felipe González: “Una de GAL y otra de arena”
O expresidente do goberno dedícalle a coñecida canción de Merche ao líder de Podemos. Tan só un día despois das duras declaracións do líder de Podemos, Pablo Iglesias durante a sesión de investidura frustrada de Pedro Sánchez, o que fora presidente do goberno español, Felipe González sae a votar máis leña ao xa de por…
Atopan un podemita que fala galego
Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…
Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións
A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os…
Podemos podería descartar confluír con Podemos
A organización liderada por Pablo Iglesias acaba de dar un golpe de efecto crucial para as próximas eleccións ao parlamento español. Anunciaron que non confluirán con ninguén xa que a marca e moi importante e avanzaron que nin sequera confluirían con eles mesmos se non adoptan a denominación ‘Podemos – outra cousa’. ‘Anunciamos que o…
Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda
O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os…
Pablo Iglesias actuará nas festas de Soutomaior
O empresario Ramón Blanco tira de talonario para traer ao personaxe de moda ás súas festas. Un ano máis o empresario afincado en Barcelona, pero coas súas orixes en Soutomaior, aldea de 200 habitantes no interior do rural ourensán, volve acaparar portadas coas súas festas de verán. Se no pasado conseguiuno traendo a artistas do…
