Política

Errejon valora refregar unha papeleta electoral na chepa de Pablo Iglesias para que lle dea sorte


O número 2 de Podemos, Íñigo Errejón, non está moi convencido da estratexia seguida por Pablo Iglesias no anterior conato de lexislatura.

papeleta chepa pablo iglesias errejonFontes confidenciais aseguran que, ante as dúbidas que xeneran os resultados electorais da coalición nesta segunda volta dos comicios, ten pensado entregarse á superstición e confiará todas as opcións á sorte que producirá refregar as papeletas de Podemos e de todas as confluencias pola chepa de Pablo Iglesias.

O círculo de homeopatía de Podemos xa se pronunciou a favor da solución e propuxo tamén facer unha lectura de posos de café e o sacrificio dunha galiña, cabra ou animal pequeno para asegurar os bos resultados proposta que foi rápidamente contestada polo círculo animalista da formación que dixo que “nada de sacrificar animales. Si acaso podemos sacrificar un secretario de una comunidad autónoma, una región o un secretario de organización”.

Ante a polémica xenerada Errejón declinou oficialmente levar a cabo a frega aínda que fontes próximas ao Secretario Político da formación indican que a idea non se lle foi da cabeza e pensa facelo pola súa conta sen que se percate ninguén debido a que unha vez que Carolina Bescansa xa non está embarazada o único elemento biolóxico que dea sorte se atopa na xiba de Pablo Iglesias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.