Política

Ticketmaster venderá entradas e palomitas para Vistalegre II


“Ya que vamos a dar el espectáculo por lo menos sacar beneficio”, declarou Pablo Echenique

O grupo de traballo que está a organizar a asemblea de Podemos acaba de anunciar un acordo con TicketMaster, unha empresa de venta de entradas de eventos de todo tipo. Nada máis darse a coñecer a noticia a empresa xa comezou a venta e, segundo declararon aos medios, esgotáronse todas as localidades en tan so dez minutos.

Segundo nos contan fontes próximas á empresa os palcos vip do recinto xa foron reservador por Francisco Maruhenda e Eduardo Inda que, segundo parece, xa encargaron cinco quilos de palomitas por cabeza para desfrutar do espectáculo.

As mesmas fontes tamén indican que moitos dos compromisarios do congreso do Partido Popular tamén reservaron a súa entrada e van acudir a ver o confronto podemita dado o escaso interese que desata o cónclave popular.

Un grupo de turistas británicos tamén mercou un lote de entradas pensando que ían ver un espectáculo taurino dado que Vistalegre é unha praza de toros cuberta. Cando a empresa de entradas lles explicou de que se trataba o grupo de ingleses negouse a devolver as entradas xa que entendían que ía ser moito máis sanguenta a asemblea de Podemos.

vistalegre-podemos

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.