As fillas de Pablo Iglesias e Irene Montero serán nena e neno para cumplir a paridade


Concienciados coa igualdade entre homes e mulleres as políticas de Podemos optarán pola paridade tamén nas súas crianzas.

O anuncio da voceira de Podemos no Congreso, Irene Montero, de que está a esperar dous fillos do secretario xeral da mesma formación, Pablo Iglesias colleu a moita xente por sorpresa na pasada semana, pero é agora cando se empezan a desvelar algúns novos detalles acerca das futuras crianzas da parella.

Serán xemelgos pero de diferente sexo, nena e neno, o que cumpriría a paridade do 50-50 autoimposta pola parella, aínda que deixaron claro que o sexo das pequenas a decidirán elas cando teñan idade para facelo.

Preguntados polo futuro das xemelgas e a súa escolarización en colexios públicos ou privados, Irene Montero afirmou que o único que tiñan claro era que cursarían ámbalas dúas na Escola de verán dos Anticapis.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.