A organización liderada por Pablo Iglesias acaba de dar un golpe de efecto crucial para as próximas eleccións ao parlamento español. Anunciaron que non confluirán con ninguén xa que a marca e moi importante e avanzaron que nin sequera confluirían con eles mesmos se non adoptan a denominación ‘Podemos – outra cousa’.
‘Anunciamos que o se acepta la denominación Podemos-Podemos o rompemos las negociaciones’, espetou un representante de Podemos a outro representante de Podemos.
Militantes de base xa se posicionaron en contra da dupla denominación de Podemos. ‘Nos parece un sinsentido llamarnos Podemos-Podemos. Sería mucho más guai llamarnos Podemos al cuadrado’, declararon.
A decisión sobre o nome da hipotética confluencia de Podemos con Podemos será tomada mediante un referendo telemático organizado a través de Loomio. A preguntas serán se prefiren chamarse soamente Podemos ou ben Podemos-Podemos.
Dende a equipa máis próxima a Pablo Iglesias avanzaron que van facer unha emenda para que no referendo se contempre unha nova opción que inclúa unha referencia a súa corrente interna. Deste xeito proporán que apareza unha terceira posibilidade para que a coalición de Podemos con Podemos tamén contemple a fusión coa corrente maioritaria da formación. Así, o nome da formación quedaría como ‘Podemos – Podemos – Claro que Podemos’.
Izquierda Unida emitiu un comunicado mofándose da situación do seu rival e anunciou o cambio de nome da súa plataforma electoral ‘Ahora en Común’ que pasará a chamarse ‘Ahora en particular’.