A presenza de Anxo Quintana nas listas do BNG de Allariz provoca acusacións de ‘quintanismo’ por parte do propio BNG. A provincia de Ourense está sendo un quebradeiro de cabeza para a formación nacionalista. Primeiro foi a presenza de Luís Seara como candidato da formación en Ourense. Seara vinculado ao Partido Nacionalista Galego. Despois foi…
Etiqueta: ourense
Un ourensán queixase de que en Samil hai demasiados vigueses
Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia. Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de…
Colle unha fochanca da N-540 e acaba en Nova Celandia
Un veciño de Chantada aventurose a conducir pola N-540 e remata en Nova Celandia tras coller unha fochanca. Adriano BF, veciño das Córneas, tiña pensado achegarse a Chantada para facer a compra e resolver algún que outro trámite administrativo. Como todos días colleu o seu coche sen carné e aventurose a entrar na N-540. Como…
Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a…
Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el
Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño…
Máis de 40.000 retuises e sofpaperes acaban coa junta da trócola de Ana Belén Vázquez Blanco
A deputada ourensá do PP no Congreso denuncia un entramado ruso para acabar con toda a humanidade. A deputada Ana Belén Vázquez Blanco ven de poñer en evidencia un perigo para o mundo: A trama rusa en Twitter. Segundo denunciou a deputada de Bande un so boina verde ruso en Twitter é capaz de facer…
Varios feridos de consideración polo estourido de castañas durante o magosto
Sete persoas seguen hospitalizadas a día de hoxe. Fin de semana negra nos montes galegos, e fundamentalmente nos ourensáns. Durante o trascurso do sábado e domingo foron preto dunha ducia as persoas que acudiron a centros médicos de urxencia ante as lesións producidas polo estourido de castañas mentres estas se facían ao lume. Segundo apuntan…
Baltar ficha a Cristiano Ronaldo como porteiro da Deputación de Ourense
O futbolista ocupará o posto de porteiro no edificio Simeón de Ourense. Manuel Baltar anunciou onte nas súas redes sociais a fichaxe do ano, nada máis e nada menos que a contratación por parte da Deputación Provincial de Ourense do futbolista Cristiano Ronaldo. A fichaxe, da que aínda non trascendeu a cuantía, será para cubrir…
Baltar ficha por Los Suaves
José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense. A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves. O mundo do rock…
O Sáhara en alerta laranxa por unha vaga de vento de Ourense
Os campamentos de Smara en Tinduf poderían ser evacuados ao non estar preparados para semellantes temperaturas. O Goberno da RASD(República Árabe Saharaui Democrática) vén de emitir un comunicado no que aconsellan a población non saír das súas tendas, ou en caso inevitable facelo extremando as precaucións. A vaga de calor procedente de aire ourensán incidirá…
Ourense prepara os traxes ignífugos para a vaga de calor desta fin de semana
Centos de persoas abarrotan as tendas especializadas en busca de traxes antilume. A cidade de Ourense comeza a prepararse para a fin de semana de calor que se lles achega. Temperaturas que sobrepasarán os 45°C poñen en alerta as súas veciñas que xa enchen as tendas en busca de traxes ignífugos que resistan as altas…
Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación
Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación. As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros…
