Política

O BNG acusa de quintanista ao BNG


A presenza de Anxo Quintana nas listas do BNG de Allariz provoca acusacións de ‘quintanismo’ por parte do propio BNG.

A provincia de Ourense está sendo un quebradeiro de cabeza para a formación nacionalista. Primeiro foi a presenza de Luís Seara como candidato da formación en Ourense. Seara vinculado ao Partido Nacionalista Galego. Despois foi Iago Tabarés,  o cabeza de lista da formación frontista ao congreso dos deputados por Ourense, tamén vinculado ao PNG e antigo membro de +Galiza pero o que acabou de facer estoupar a paciencia da actual dirección do BNG é a presenza de Anxo Quintana nas listas do partido en Allariz.

“A ver para que cona fixemos Amio e toda a purga quintanista se nos volven copar as listas”, indican fontes próximas á dirección. “Gastamos inxentes cantidades de cartos en cloro e o quintanismo reprodúcese de novo”, engadiron.

Pola súa banda, Anxo Quintana, quintanista declarado indicou que vai de suplente e que non ten ningún problema co quintanismo. “Eu molo. E o BNG fai moitas manifestacións na Praza da Quintana. Non vexo eu problema ningún”, indicou aos medios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.