Actualidade

Varios feridos de consideración polo estourido de castañas durante o magosto


Sete persoas seguen hospitalizadas a día de hoxe.

Fin de semana negra nos montes galegos, e fundamentalmente nos ourensáns.

Durante o trascurso do sábado e domingo foron preto dunha ducia as persoas que acudiron a centros médicos de urxencia ante as lesións producidas polo estourido de castañas mentres estas se facían ao lume.

Segundo apuntan desde Protección Civil, o erro máis común consistiría en non aburatar as castañas antes de metelas na fogueira o cal causa unha deflagración interna seguida de violentas explosións que poden danar a aquelas persoas que se atopen colindantes ao lume en cuestión.

Especialmente crítico foi o caso de Arturo Casavella, natural de Riós, que sufriu o impacto dunha castaña mentres festexaba o magosto cos seus compañeiros e compañeiras nun monte preto da vila ourensá de Verín. O home que en primeiro lugar recibiu a atención básica no hospital de Verín foi trasladado de urxencia ao Álvaro Cunqueiro vigués por risco de perder un ollo. Desde o propio centro aseguran que é típico recibir a xente con este tipo de contusións e incluso politraumatismos por alcance de castaña.

Desde os rianxos da praza de abastos de Ourense, diversas vendedoras advertían a semana pasada de que este ano as castañas ían caras, e que ante a escaseza delas chegarían a custar un ollo da cara, profecía que polo visto podería terse cumprido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.