Un veciño de Chantada aventurose a conducir pola N-540 e remata en Nova Celandia tras coller unha fochanca. Adriano BF, veciño das Córneas, tiña pensado achegarse a Chantada para facer a compra e resolver algún que outro trámite administrativo. Como todos días colleu o seu coche sen carné e aventurose a entrar na N-540. Como … Seguir lendo
Tag Archives: lugo
Centos de parellas de Lugo aproveitan a pinar no coche antes da prohibición
‘Hai que aproveitar mentres se poida’, comentou un cidadán ao ser preguntado. As rúas e os coches de Lugo rebosan amor xa que, segundo denuncian veciños de Lugo, hai un grande número de parellas que está a aproveitar que a prohibición aínda non está en vigor para fochicar no coche. ‘Ir a Outeiro de Rei … Seguir lendo
Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano
A plantilla dunha empresa de servizos informáticos con sede na cidade de Lugo ven de anunciar que estarán de folga indefinida tras o anuncio do xefe de que este ano a tradicional cea de nadal celebraríase nun restaurante vegano. Segundo puido saber este medio a cea, como ven sendo habitual nos últimos tempos, ía ser … Seguir lendo
Descóbrese que a muralla de Lugo era para que os lucenses non escaparan
“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento. En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar … Seguir lendo
Ingresan un home por romperse a cadeira bailando twerking
Un home da Fonsagrada foi atendido onte de urxencia por unha múltiple rotura de cadeira mentres bailaba twerking cuns amigos e amigas. Este fin de semana foron un total de 12 persoas as ingresadas por lesións sufridas ao realizaren este baile de moda. O máis grave o de Alberto N. F. que foi trasladado de … Seguir lendo
O PP plantéxase contratar buses londinenses para profesionalizar a carretaxe
Estarián a disposición de asilos, monxas, curas e caciques de todo o país. As recentes imputacións no PP galego polas denuncias de carretaxe en Lugo está a facer mover ficha ao partido que goberna a maioría dos concellos galegos. Segundo fontes confidenciais chegadas ao noso medio, o Partido Popular está a plantexar profesionalizar a carretaxe … Seguir lendo
Detido un sesaxenario que disparaba a runners
O home portaba unha escopeta de caza e esperaba tralas esquinas para abatir aos corredores. A Garda Civil detivo este mércores a un home en Lugo, que se atopaba disparando cunha escopeta aos runners que pasaban pola zona a primeira hora da mañá. Ás 8.00 deste mércores, a Garda Civil recibiu o aviso de que un home … Seguir lendo
Vacas en Sarria convocan unha folga
Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das … Seguir lendo
López Orozco marcha “porque ten que marchar”
O alcalde de Lugo deixa o seu cargo pensando en afeitarse ou non a barba. O alcalde de Lugo desde 1999, e primeiro alcalde socialista da cidade, José Clemente López Orozco anuncia a súa renuncia a acta de concelleiro, e por tanto de alcalde da cidade despois da presión dos grupos hippies de LugoNovo e … Seguir lendo
Lopez Orozco escollido Premio ao alcalde máis achuchable do país
O alcalde de Lugo escollido, entre centos de aspirantes, como o rexedor con aspecto máis bonachón e amigable. Está mañá presentábase en Salceda de Caselas o I Premio anual Alcalde Achuchable de Galiza, no que por primeira vez se outorgaba o esperado galardón. Na presentación participaron personalidades de toda a índole do noso país, desde … Seguir lendo