Un home da Fonsagrada foi atendido onte de urxencia por unha múltiple rotura de cadeira mentres bailaba twerking cuns amigos e amigas.

Alberto e cía. bailando twerking antes da lesión.
Este fin de semana foron un total de 12 persoas as ingresadas por lesións sufridas ao realizaren este baile de moda. O máis grave o de Alberto N. F. que foi trasladado de urxencia ao hopital lucense Lucus Augusti por unha fractura múltiple de cadeira ao levar ao extemo un baile xa de por si peligroso.

Radiogradía da cadeira rota de Alberto
Alberto, que estaba a practicar o twerking con outros amigos e amigas, deicidiu tentar unha nova velocidade de balanceo da súa pelve coa mala sorte de que esa axitación rematou por romper a súa cadeira por diversos puntos.
Desde o Sergas informan que o paciente será operado para introducirlle unha nova cadeira de Titanio, que segundo apuntan permitirá nun prazo de entre 6 a 8 meses volver a bailar twerking con relativa normalidade. A nova cadeira cofinanciada pola UE contará cun sistema hidraúlico que permitirá moverse a velocidades imposibles para a xente do común, e que convertirán a Alberto no primeiro home biónico en bailar twerking. Ou como xa lle chaman na Fonsagrada o Twerkinator.